Seleccionar página
I CONCURSO VOGAL

“VOGAL” é un certame que busca novas voces en Galicia e para elo os participantes, cantaran sobre música pre-gravada (playback) cancións de éxito ou hits pop ou rock, tamén se aceptarán temas ou cancións propias, sempre que estas cancións sexan destes estilos e os concursantes aporten os play back.

Non se admiten outros estilos como copla, pasodobles, rancheras etc.

 

Os participantes buscarán alcanzar o premio consistente na gravación dun disco con 10 temas nos estudios EC, un dos grandes estudios de referencia internacional, deseñado polo brasileiro Marçelo Tavares un dos mellores deseñadores de estudos de son a nivel internacional.

“VOGAL” Busca persoas que queiran dedicarse ao mundo da canción e para elo terán que desenvolver toda a súa mestría vocal, para demostrar que son o futuro da canción do país.

Para elo contaremos con programas en radio e televisión por internet .

En cada programa de radio iranse emitindo as cancións gravadas polos concursantes aos que se lles fará entrevistas para que o público saiba máis das súas inquedanzas e vivencias; teremos oportunidade de escoitar aos participantes contarnos as súas motivacións, os seus soños, a razón última que os Impulsa a cantar e a participar no programa.

Durante o concurso desvelaranse outros premios que acadarán os gañadores

Formulario Preinscrición

3 + 1 =