Seleccionar página

1ª Para participar os concursantes deberan pre-inscribirse no sitio vogal@caldiae.com cubrindo un formulario, antes do día 30 de novembro de 2018.

A continuación a organización, porase en contacto cos/as preinscritos e unha vez constatado que haberá un número de inscricións que a organización considere suficientes para a realización do certame, comunicaráselles que formalicen a súa inscrición.

Para elo, previamente, cada participante, deberá ingresar 200 euros + 21% ive nun número de conta que se proporcionará a persoa interesada, e enviar escaneado o recibo de ingreso ao mail: vogal@caldiae.com.

A continuación poderán inscribirse e para elo, deberán xuntar tamén o documento de identidade escaneado e cubrir unha serie de datos no boletín de inscrición.

 

2ª Os elixidos terán que gravar dous temas (os 200 euros e para cubrir parte dos gastos da gravación dos temas) en EC Estudios. A organización comunicaralle a cada participante o día e a hora para gravar os dous temas, se non puidera facelo na data indicada pola organización, ofreceráselle unha segunda opción; se tampouco puideran, a organización chamará a outro participante dos non clasificados, e non devolvera a cantidade aboada pola inscrición.

 

 

3ª Cada concursante terá que aportar os dous play back das cancións que quere gravar e terá a posibilidade de gravar dúas veces cada canción, e escoller a interpretación que máis lle guste de cada canción, para que sexan estas as que se mesturen e editen para a súa posterior emisión na radio.

O tempo máximo de gravación será dunha hora. Estas cancións ou temas utilizaranse para emitir no programa de radio.

As gravacións, unha vez rematado o certame, entregaránselles aos concursantes.

 

4ª No programa de radio “VOGAL” iranse emitindo os temas gravados. Os ouvintes irán votando os temas que se van programando ao longo desta fase. Unha vez rematada a emisión de todas as cancións, os 50 concursantes que máis puntos acadaran pasarán á seguinte fase que serán as Galas en Directo con público.

 

Esta fase conformarana 10 galas en directo,  con cinco participantes en cada unha(cada unha nunha fin de semana). Estas galas gravaranse en alta definición e iranse colgando na canle de VOGAL TV, dentro do portal caldiae.com, o publico poderá velas e votar polas cancións que máis lle gusten. As votacións poderanse facer a traveso de sms ou chamada e terán un custe de 1 euro + ive. Os 20 concursantes máis votados pasarán a seguinte fase, que terá dúas semifinais con 10 concursantes cada unha e tamén estarán dispoñibles na canle VOGAL TV dentro do portal caldiae.com.

Nas semifinais non se abrirán as votacións, ata que estean en internet as dúas galas na canle VOGAL TV, que se poderá atopar no portal caldiae.com. O tempo para a votación será de catro días.

De cada unha das semifinais pasarán á final os dous concursantes máis votados. Asemade, “repescarase” un/a participante máis para a final, que será o/a participante que máis puntos acadará das dúas semifinais, descontados os dous clasificados de cada

Estes 5 concursantes conformarán a Gala Final.

 

5ª Gala final. Desta Gala Final na que haberá 5 voces ou artistas sairá o gañador/a que terá como premio a gravación dun CD con dez temas, e tamén estará dispoñible na canle VOGAL TV dentro do portal caldiae.com

 

6ª Nas galas en directo, os artistas terán que interpretar os dous temas gravados en EC estudios,

agás na Final, que ademais os concursantes terán que interpretar outro tema que escollerá o propio concursante e que tamén terá que aportar o play back.

 

7ª  O/A gañador/a gravará un CD cun máximo de dez temas, e o tempo de música do CD estará entre os 30 e 40 minutos.

 

Para gravación e mesturas, o gañador/a contará cun máximo de 100 horas a unha media de entre 8 e dez horas de estudo. Se o ganador/a quixera utilizar máis horas para realizar a gravación, estas correrían por cargo do ganador/a e cobraríase a metade por adiantado e a outra metade ao rematar a gravación.

Os grupos terán que realizar a gravación nun prazo máximo de tres meses a partir do día seguinte á final do concurso. Si pasado este tempo a gravación no se fixera a organización daralle outro prazo. Se neste segundo prazo no se fixera a gravación o gañador/a, perderá o premio e non terá dereito a ningún tipo de reclamación.

O ganador recibirá 500 CDs.

8ª A interpretación destas bases corresponde única e exclusivamente á Organización.

 

9ª A participación no certame implica a aceptación de todas e cada unha das bases.

10 ª Para calquera outro asunto que no se especifique nas presentes bases, a organización resolverá no seu momento, sendo as súas decisións inapelables.